Aumenta o gasto de viaxeiros non residentes en Galicia

O gasto dos viaxeiros non residentes en Galicia que pernoitaron en establecementos hosteleiros no segundo trimestre deste ano aumentou un 25% respecto ao mesmo período do ano pasado, pasando dos 137.493 de 2009 aos 159.394 deste ano, segundo un estudo do Instituto Galego de Estatística referido ao conxunto de viaxeiros non residentes en Galicia que pernoitan en establecementos hoteleiros.

O informe revela que o gasto total entre o 2009 e o 2010, con ese incremento do 25%, ten unha subida maior que o nivel de gasto medio por viaxeiro, que se incrementou un 3,4 % o que implica unha maior influencia de viaxeiros á comunidade galega.