Arranca unha nova edición do Encontro co Viño de Autor en Meaño

Ata o domingo, a vila pontevedresa de Meaño vive o Encontro co Viño de Autor, unha feira que exalta os viños de colleiteiro, aqueles que gozan dunha marcada personalidade. Este ano toman partido na cita trece adegas diferentes e dende a organización agardan repetir os bos resultados de cita precedentes.

Dentro dos actos da festa atópase a presentación do libro “A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia”, de Xavier Castro.