Tupper solidario no Centro Superior de Hostelería de Galicia

Os profesores e alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, colaboraron cos Pais Franciscanos de Santiago de Compostela a través do programa 'Tupper Solidario', un proxecto solidario de axuda a persoas que viven na indixencia e que atopan comprensión no citado albergue de San Francisco.

O diñeiro recadouse grazas a iniciativa 'tupper solidario' que consiste en poñer á venda recipientes de 500 gramos da comida dos almorzos do restaurante buffet da escola ao módico prezo de 1 euro.

A directora do CSHG, Patricia Cuevas reiterou o seu desexo de seguir colaborando con ésta e outras iniciativas co proxecto solidario dos Pais Franciscanos.