A sardiña supera xa os catro euros en lonxa

Achégase a celebración do San Xoán, o día do ano no que máis sardiñas se consumen en Galicia e, debido a iso, os prezos do produto están a subir ata que mañá alcancen, con toda seguridade, unha das maiores cotizacións. Tamén inflúe o feito de que non hai tanta sardiña como se agardaba. Segundo recolle La Voz de Galicia, en Vigo o kilo xa superou os catro euros en lonxa e en Ribeira alcanzáronse os 3,85 euros o kilo pero os prezos poderían duplicarse entre hoxe e mañá.

O que si sosteñen os mariñeiros é que non hai demasiada sardiña pero a que hai é de boa calidade.