Roberto Varela aposta polo acondicionamento do Camiño Francés

O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o ministro de Fomento, José Blanco, asinaron en Madrid once convenios de colaboración para a restauración doutros tantos tramos no Camiño Francés.

Segundo Varela, este acordo "deixa claro o noo compromiso coa calidade medioambiental das rutas xacobeas". A inversión para estas actuacións "superará os 2,1 millóns de euros, que se repartirán ao 50% entre a Xunta de Galicia e o Ministerio", explicou o conselleiro.

Esta primeira fase do Plan de Restauración e Posta en Valor dos Camiños inclúe actuacións nos municipios de Samos, Paradela, Monterroso e Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela.