Peregrinación luso galaica

Varios persoeiros da vida política galega e portuguesa están a realizar unha peregrinación polo Camiño Portugués. Estes peegrinos, logo de realizar varias estapas en Portugal, entraron en Galicia, nunha camiñata que partiu do Albergue do Peregrino de Valença e que rematou en O Porriño.

Entre os peregrinos destaca a presenza do presidente do C.C.D.R. do Norte de Portugal, Carlos Lage, do conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, da secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, do presidente da Câmara de Valença, Jorge Mendes, e o alcalde de Tui, Antonio Rocha, entre outras autoridades.