O Parlamento de Galicia urxe a posta en servizo do ave Vigo-Oporto

O Parlamento de Galicia aprobou unha iniciativa do PPdeG na que insta á Xunta a dirixirse ao goberno do Estado para acadar co goberno portugués, no vindeiro cumio entre España e Portugal, un acordo de posta en servizo do AVE Vigo-Porto para o ano 2015. Tamén se demanda a posta en servizo, nese mesmo ano, do treito Porriño-fronteira portuguesa, o que, segundo o voceiro de Infraestruturas do PPdeG, “supera xa os 48 meses de atraso e que aínda se atopa sen definir o seu trazado, que é fundamental para a configuración do eixo atlántico, aínda que é financiado con fondos comunitarios que deberan de ser utilizados antes do ano 2013”.