Novo equipo para a feira Espacio Atlántico

O tenente de alcalde de Vigo, Santi Domínguez, presentou ao novo equipo técnico da Feira de Arte Contemporáneo de Vigo, Espacio Atlántico, entre o que se atopa a nova directora artística, Pilar Ribal. O nacionalista destacou que Espacio Atlántico, que se celebrará entre o 7 e o 10 de abril, “está confirmada” como a segunda feira máis importante do estado español e unha das máis importantes do mundo, “o cal nos enche de orgullo”, asegurou.

“Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura temos claro que hai que seguir mantendo as sinerxias entre administracións e un equipo que traballe para que Vigo siga sendo referente no mundo da arte”, manifestou Santi Domínguez.