Críticas en Ferrol polos actos do Xacobeo

O Concello de Ferrol denunciou que o Xacobeo non realizará ningún evento musical na cidade, como se anunciara, por unha actitude “sectaria” da organización e por motivos políticos. A concelleira de Festas, María López, sinalou que o Xacobeo non deu resposta á súa petición de que os concertos que se puidesen celebrar na cidade tivesen lugar entre o 21 e o 30 de agosto, coincidindo coas festas locais, para poder aproveitar a infraestrutura que xa estará instalada, e evitar así maiores gastos.

Segundo recolle Xornal de Galicia, a edil critica que en localidades de menor entidade se celebren concertos como os de Joaquín Sabina en Lalín ou o de Mago de Oz en Narón. En Ferrol só se concretou a actuación de Chucho Valdés, o 17 de setembro.