Campaña itinerante de promoción de Turismo de Pontevedra

Turismo de Pontevedra presentou unha campaña de promoción turística na que un autobús londinense percorrerá nove cidades do noroeste e centro da península. Trátase dun vehículo de dous pisos decorado con ilustracións orixinais, frescas a moi estivais, que representan o centro histórico pontevedrés e o seu entorno de praias, ríos e montes co lema “Pontevedra, capital de las Rías Baixas”, no que tamén se introduce o concepto “Pontevedra PO Punto de Origen”, en liña coas conclusións do Plano Estratégico de Turismo.
O concelleiro responsable da área de Turismo, Julio Castela, presentou esta singular campaña na que este autobús percorrerá durante un mes varios milleiros de quilómetros para promocionar a Capital das Rías Baixas (lema rexistrado na Oficina de Patentes e Marcas) en Oporto, Salamanca, Madrid, Burgos, León, Oviedo, Xixón, Lugo e A Coruña.