Bueu acolle unha mostra sobre pesca sostible

A lonxa de Bueu acolle unha mostra itinerante sobre pesca sostible na reserva de Os Miñarzos, promovida pola organización WWF. Inaugurada polo responsable deste colectivo en España, Raúl García, consta de paneis informativos e un mapa visual deste entorno na súa relación coa explotación dos recursos naturais.
Bueu foi elexido como primeira parada deste mostra polo feito de que a confraría de pescadores desta localidade morracense é pioneira na pesca sostible, algo que se reflicte na obtención do selo MSC, segundo salientou Raúl García.