Arranca o festival de Jazz de Vigo

A sexta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, promovido pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural arranca hoxe 23 de xuño, cun concerto de luxo protagonizado polo pianista e compositor francés Martial Solal, ás 21.30 horas no Centro Cultural Caixanova. As entradas para as actuacións que integran o festival pódense adquirir en www.caixanova.es.

Martial Solal é considerado unha lenda da música, e co seu proxecto Newdecaband, abre unha nova edición do Imaxina Sons plena de concertos, con Root Africaine (Romano, Sclavis, Texier) Franz Koglmann e Dave Douglas, entre outros, e outras actividades como pasarúas, mesas redondas, clases maxistrais e actividades para nenos e nenas.