Arde Lucus, unha boa cara ao mal tempo

O Arde Lucus, a popular festa de recreación histórica que se celebra cada ano en Lugo, rematou cun balance moi positivo tanto a nivel de afluencia de visitantes como de participación dos lucenses na celebración, a pesar da treboada que se produciu na cidade o venres.

O impacto económico do Arde Lucus 2010 calcúlase nuns dez millóns de euros coa conseguinte repercusión no comercio e a hostelería, especialmente importante nun momento de dificultades económicas.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, salientou que "o balance foi moi positivo". En canto ás actividades que tiveron máis acollida popular foron o Circo romano, o Equites, o Danzarium e o desfile de colexios no que participaron máis de 1.400 nenos, pais e profesores.