A Xunta matiza a situación dos furanchos na nova lei de turismo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recoñeceu que os furanchos atópanse dentro da legalidade sempre que non fagan competencia desleal cos establecementos turísticos recoñecidos como cafés, bares e restaurantes.

Segundo o conselleiro, o furanchos "deben limitar a aquilo polo que doron creados, a venta do viño excedentario, feito que xustifica a súa exclusión da nova Lei de Turismo de Galicia coo establecementos turísticos.

Roberto Varela insistiu en que "poderá seguir habendo furanchos" e que "ninguén falou da súa ilegalización nin moítismo menos da súa eliminación". Neste sentido, lembrou que estes establecementos "foron creados para darlle saída ao excedente das colleitas de viño e así debe seguir sendo". No caso de que algún furancho desexe servir comidas "poderá converterse en bar, café ou restaurante simplemente cunha declaración responsable, que é o permiso que se lle require a calquera outro establecemento hosteleiro".