Vigo Transforma, do 2 ao 10 de xullo

O porto e a cidade de Vigo acollerán, do 2 ao 10 de xullo, a primeira edición do festival Vigo Transforma, que forma parte da programación de Xacobeo 2010, e que se presenta como un espazo de participación, convivencia e interrelación de diversas disciplinas artísticas dentro dun contorno urbano. Vigo Transforma conta co apoio da Autoridade Portuaria de Vigo e do Concello.



Vigo Transforma conta cun formato innovador, que recolle de forma clara a filosofía de Xacobeo 2010. “O noso obxectivo é ofrecer ao público iniciativas que destaquen pola súa exclusividade e orixinalidade, e Vigo Transforma é un concepto novo, que trae propostas únicas e inéditas”, segundo destacou o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos.

Vigo Transforma presenta un cartel con primeiras figuras nacionais e internacionais como The XX, Standstill, Devendra Banhart, Jeff Tweedy, The Divine Comedy (que presentará o seu novo disco en primicia en Vigo), Fanfarlo, The Morning Benders ou Love of Lesbian.