Un operativo conxunto na ría do Burgo decomisa 85 quilos de marisco

O servizo de Gardacostas liderou de madrugada unha operación conxunta con efectivos da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia do Corpo Nacional de Policía (UPA), do Servizo Marítimo da Garda Civil de Coruña e a de Oleiros que se saldou coa incautación de 24 bens e aparellos, co comiso de 85 quilos de marisco e a identificación de 3 persoas, ás que se lle levantaron 3 actas de presunta infracción por faenar nunha zona pechada ao marisqueo.

Os medios requisados atópanse 8 tñaboas de poriexpán, 1 táboa de windsurf, 2 remos, 1 chalana, 2 raños con arnés,4 rastrillos, 5 capachos e 1 badeador. Ademais, os axentes comisaron 80 quilos de berberecho e 5 de ameixa que resembraron na ría do Burgo.