Turismo financia accións do plan estratéxico termal en Ourense

A Secretaría Xeral para o Turismo dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia finaiciará con 680.000 euros distribuidos en tres anualidades, diferentes accións que se contemplan no Plan Estratéxico de Turismo Termal de Ourense (PET-OU).

O convenio que se está a preparar dende a Secretaría Xeral para o Turismo incluirá diferentes accións, cuxas propostas se perfilarán nun prazo de 15 días, todas elas relacionadas coa valorización da cidade no eido termal, xa sexa a través de rehabilitacións de edificacións, existentes ou de acondicionamentos de espazos abertos dende o punto de vista do seu uso ou defrute termal.

Estas actuacións irán encamiñadas a revalorizar a cidade termal para convertila en capital neste eido en Galicia e España.