Sinalización turística na fronteira entre Pontevedra e Ourense

consello da Xunta de Falicia aprobou hoxe os convenios de colaboración asinados entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación de Pontevedra e Ourense para a execución do proxecto de sinalización provincial turística xeral e especial dos límites transfronteirizos. Os dous acordos de colaboración foron firmados a través da Secretaría Xeral para o Turismo e teñen como finalidade a identificación de accesos e localizacións aos recursos turísticos provinciais máis improtantes de Ourense e Pontevedra.

Esta actuación recóllese no Plan de Acción de Turismo de Galicia 2010-2013 que considera que galicia tiña unha sinalización insuficiente e non homoxénea.