Samuel Juárez presenta en Narón a nova IXP Pemento do Couto

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presentou no Pazo Libunca de Narón a nova Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto e o seu Consello Regulador, presidido por José Manuel Castro Leirachá.

A IXP do Pemento do Couto acada a súa protección a escala europea despois de ser inscrito no Rexistro Europeo de Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas. Tamén os pementos de Oímbra e Arnoia acadaron a semana pasada o seu rexistro definitivo.