Roberto Varela presenta o plan de usos para a illa de San Simón

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presenta na Illa de San Simón un proxecto integral e plan de usos que pretende converter a illa nun espazo recoñecido pola calidade da súa programación, polo compromiso pola cultura, polo servizo á industria do sector por a xestión eficiente que colabora con institucións e entidades en iniciativas otientadas ao desenvolemento cultural e a preservaciñon do patrimonio histórico e natural.

Varela asistirá na Illa á reunión do padroado da Fundación da Illa de San Simón, que dará a coñecer os eixes de actuación para converter este enclave nun centro cultural de referencia internacional.

Declarada Ben de Interese Cultural, a Illa afronta un novo proceso de rehabilitación que a converterá nin laboratorio de ideas con proxección globalizadora, multidisciplinar e nunha nova identidade liderada polo pensamento creativo a través das novas tecnoloxías que permiten superar os contornos físicos para chegar a outros novos.