Quince viños galegos, premiados en Londres

Os viños galegos seguen colleitando premios alá onde van. Neste caso, os caldos da nosa comunidade obtiveron quince recoñecementos na última edición da International Wine & Spirit Competition que se celebrou en Londres. Os máximos galardóns, as medallas de prata “Best in Class” foron para os Rías Baixas Mar de Frades 09 e Finca Valiñas 08 e para o Monterrei Pazo de Monterrei 08.

Acadaron medalla de prata os viños Terra d’ouro 09, Castro Martín 07, Burgáns 09, Abadía San Campio 09 e Viña Costeira 09. Finalmente, conseguiron unha medalla de bronce os viños Laxas 09, Miudiño 09, Martín Códax 09, Salterio 09, Rectoral de Amandi 09, Viña Somoza sobre Lías 09 e Mara Martín 09.