Preto de 19.000 nenos e nenas consumirán peixe galego fresco grazas á campaña “O sabor da aventura está no mar”, promovida pola Xunta para incrementar o consumo de peixe fresco nos comedores escolares. Farase especial fincapé nos centros de ensino situados no interior de Galicia, que teñen un menor coñecemento dos produtos do mar. En total, repartiranse 152.000 racións de peixe no curso escolar 2010-2011 en 158 colexios públicos de toda Galicia.
Ademais, os nenos participarán nun obradoiro cun breve conto que os introducirá no mundo da pesca e do peixe.
Ademais, os nenos participarán nun obradoiro cun breve conto que os introducirá no mundo da pesca e do peixe.