Plan integral de usos para a illa de San Simón

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá o proxecto integral e plan de usos da Illa de San Simón como un “programa de actividades e servizos culturais de primeiro nivel co obxectivo de converter esta contorna nun centro cultural de calidade e con proxección internacional”.

Varela definiu o novo proxecto integral para as Illas de San Simón e San Antón como “un plan ambicioso e reflexionado” que trata por unha banda de “explotar ao máximo as singularidades que fan da illa un espazo cultural único” e por outra, non limitarse “ás evidentes bondades da proposta, senón que fai unha profunda análise dos inconvenientes derivados da insularidade”.