O 'galo', preto de converterse en Festa Turística de Galicia

O alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, quere que a Festa do Galo de Curral sexa incluida dentro dos evento de Interese Turístico de Galicia polo que está a iniciar os contactos oportunos coa Xunta de Galicia co fin de conseguir a distinción.

O recoñecemento permitiría ao concello ter máis vías de financiación para a organización e promoción do principal evento da vila.

Nos últimos anos, a Festa do Galo reuniu preto de 10.000 personas no seu día grande.