O mar como recurso xerador de riqueza

A Consellería do Mar defende o patrimonio marítimo como recurso xerador de riqueza. Así o demostrou coa súa participación na xornada “Un mar de saberes” que se celebra no concello de Outes. A xornada organizada polos proxectos europeos Fishernet, Dorna e NEA 2, dos que é socia a Consellería do Mar realízase con motivo da celebración do Día Marítimo Europeo e ten como obxectivo enfocar as olladas sobre o patrimonio marítimo galego e o seu uso na xeración de riqueza.
Os proxectos Fishernet, Dorna e NEA 2 traballan sobre elementos patrimoniais vinculados ao mar. O Fishernet incide especialmente no patrimonio inmaterial, o dorna no valor das embarcacións tradicionais e carpinteiros de ribeira e o NEA 2 promociona o uso do mar a través das actividades de lecer. Ademais destes tres proxectos e da presenza da Consellería do Mar, na organización desta xornada tamén participou a Asociación Cultural Balandro Joaquín Vieta, a Confraría de Pescadores de Noia e o Concello de Outes.