O Concello de Pontevedra achega 10.000 euros na celebración da XV Festa da Anguía

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente da Asociación de naseiros "Alvedosa", Antonio Álvare Freijanes, asinaon un convenio de colaboración para a celebración da XV Festa da Anguía, organizada pola asociación, na parroquia de Ponte Sampaio os vindeiros 3 e 4 de xullo. O acordo recolle que o Concello entrega 10.000 euros á asociación para a promoción da anguía como produto propio do municipio.

Segundo Lores, a Festa da Anguía é a máis importante do municipio "pola súa tradición e porque a anguía é un produto do sector primario que dá traballo a 33 familias". A maior parte da pesca da captura da anguía está destinada á exportación.

Tanto o alcalde como o presidente dos naseiros lamentaron que a anguía teña máis saída no mercado galego, salvo nalgúns restaurantes de Arcade e na provincia de Ourense.