Novos contratos laborais para o proxecto Pousadas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán asinou 61 novos contratos laborais dentro do Programa de Inserción do Proxecto Pousadas Xardín para traballar en diferentes áreas deste proxecto, incluindo un programa de formación intensiva.

Os proxectos a desenvolver en Pousadas serían dun lado a recuperación dos bens arqueolóxicos dos xacementos de A Lanzada (Sanxenxo) e O Castro (Ribadumia), e doutro, na posta en marcha de varias sendas fluviais nas marxes dos ríos Chanca, Umia, San Martiño e Cañón.

O programa formativo terá lugar entre o 1 e o 4 de xuño e inclúe un curso de prevención de riscos laborais, de sensibilización medioambiental e de igualdade de oportunidades, todos eles básicos para o traballo a desenvolver.

Os postos a ocupar serán para 5 capataces de obra, como xefes de equipo de operadores e responsables das brigadas, 12 operarios de escavación arqueolóxicas e 43 como conductores de maquinaria agrícola ou forestal con motor.