Festa do Galo de Curral en Vila de Cruces e da Empanada en As Nogais

Hoxe Vila de Cruces celebra a XVII edición da Festa do Galo de Curral, na que se poderá degustar pratos realizado a base de galo e outras actividades complementarias.

O concello no ano 1992, tratou de recuperar o galo de curral como plato gastronómico, iniciativa moi ben acollida polos criadores de galos de curral, polos restaurantes, casas de comida e polas casas de turismo rural do concello.

Conxuntamente coa realización da festa gastronómica, ese mesmo día, celébrase un festival de bandas populares de Galicia no que participan as agrupacións musicais máis representativas da nosa comunidade autónoma, así como as máis importantes do territorio español.

Tamén se celgra unha mostra cabalar na que se organizan concursos e desfiles das distintas razas que existen na nosa comunidade autónoma.

As Nogais, en Lugo, é un dos municipios que integran a Serra de Ancares, límite de Galicia e León, unha zona de montañas arredondeadas e vales estreitos, que se atopa actualmente en pleno desenvolvemento do seu enorme potencial turístico, unha actividade que vai marca-lo futuro da zona e que se acomete có máximo respeito polos seus valores naturais.

Este domingo celebra a IV Festa da Empanada e Produtos dos Ancares