Festa da Troita en Ponte Caldelas e a "Feira de Cuspedriños" este fin de semana

Esta fin de semana a vila de Pontecaldelas convértese en punto de encontro gastronómico para todos os visitantes, turistas e pescadores posto que se celebra a XLIV Festa da Troita, unha festividade declarada Ben de Interese Turístico pola Consellería de Cultura.

O programa de actividades desta edición seguirá unha liña novedosa con respecto a do ano pasado, imprimindo á Festa o carácter de sostibilidade en tódolos eidos: emprego de manteis e panos reciclables, contenedores para residuos da festa e emprego dun alumbrado de baixo consumo.

O sábado a partir das 9.00 horas, comezará o concurso sénior e veterán de pesca deportiva. Non será ata las 19.00 horas cando se proceda á apertura do stand de degustación de troitas (a un prezo aproximado de 3 euros troita, viño e taza conmemorativa de agasallo) organizado polo Gremio de Hostelería da Vila na alameda de Ponte Caldelas. Ás 19.30 chegará o turno da actuacion do grupo de baile rexional "Escola de Bailes Tradicionais Trouleada" de Ponte Caldelas e aproximadamente sobre ás 20.30 horas, previa á verbena amenizada pola orquestra Trébol, haberá unha animación da charanga apeles.

O domingo será o turno do concurso de pesca de damas xuvenís e infantís que deixará paso de 12.00 a 14.30 horas a apertura do stand de degustación na alameda.

A tarde amenizarase con pasarrúas e concerto na alameda, a entrega de trofeos do campionato de pesca nas súas diferentes categorías, degustacións de troita e o festival folclórico a cargo da banda de gaitas "Os Coribantes de Buchabad, a Asociación Folclórica de Alba de Tormes e o Grupo de Danzas de la A.VV. BªAve María de Palencia.

No caso Cuspedriños, en Cotobade, trátase da recreación da popular feira tradonal que se celebraba neste lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, dúas veces ao mes, ata ven avanzada a segunda metade do século pasado.

Esta feira, que acada a cuarta edición, ten como obxectivo dinamizar turísticamente o concello de Cotobade, rico en patrimonio histótico y paisajístico, moi preto de Pontevedra. Ten postos de artesanía, de apeiros de labranza, e postos de venda de comida, entre outras curiosidades.