Calidade e presenza dos produtos galegos nas feiras internacionais

A Consellería do Mar, no seu afán por mellorar na comercialización presentou un informe ao Consello da Xunta que recolle once certames ao longo do 2010 para que as empresas galegas do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola poidan asistir e abrir mercados emerxentes, potenciando o consumo de peixe e marisco galego, sumándolle máis valor engadido.

O ano 2010 supuxo un exemplo de optimización dos recursos económicos en comparación cos pasados 2009 ou 2008. Durante este ano experimentouse un aforro de máis de 420.000 euros na asistencia a estes eventos, oito polo momento. As próximas citas serán Salimat en Silleda en xuño e Conxemar en outubro.