A Xunta difunde o Camiño e o Xacobeo en Valencia

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo e a xerente de Turgalicia, Carmen Pita, asistiron en Valencia á presentación do voo inaugural de Air Nostrum a Valencia dende A Coruña e ao bautizo dun reactor da compañía co nome de Galicia. As dúas accións de promoción foron organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, para a difusión da oferta turística galega na Comunidade Valenciana. O eixo das dúas promocións é o Camiño de Santiago e a celebración do Xacobeo 2010.

A primeira destas accións, que está dirixida ao público final, desenvolverase ata o 8 de maio na sección de deportes de tres establecementos dos centros comerciais El Corte Inglés de Valencia, que baixo o slogan “Camino de Santiago, Camino de Galicia, ¿vienes?”, difundirá o Camiño de Santiago e o Xacobeo entre os clientes deste comercio. A outra acción é “Backstage do Camiño” que tamén se está a desenvolver en varias cidades españolas.