Vitivinícola do Ribeiro organiza a segunda Cata entre Amigos

A Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro organiza a segunda edición da Cata entre Amigos, un concurso para afeccionados que espertou un grande interese na súa primeira edición. Está previsto que tomen parte equipos de Galicia, do resto de España e incluso de Nova Iorque.

Na presentación da iniciativa, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, indicou que este tipo de actividades van en liña co que está a facer a Xunta para promocionar os viños galegos nos diferentes mercados.