Profesionais de toda España 'venden' Galicia

AGAVI, la Asociación Galega de Axencias de Viaxes, convocou a un total de 50 profesionais do sector das axencias de viaxes e a maioristas a unhas xornadas de traballo organizadas polo Xacobeo e Turgalicia. A principal finalidade deste acto é dar a coñecer de primeira man as distintas opcións que proporciona Galicia como destino para que sexan eles os que a "vendan" posteriormente.

As xornadas terán unha duración de 3 xornadas, do 30 ao 2 de maio, onde os asistentes falarán sobre Turismo rural, Naútico, Gastronómico, Termal ou Deportivo; tamén realizarán unha viaxe ata Finisterre, farán diversas degustacións gastronómicas e percorrerán un tramo do Camiño de Santiago.