Máis de 8.000 persoas coñecen en Madrid a oferta turística galega

Máis de 8.000 persoas coñeceron o destino Galicia durante os dez días nos que se desenvolveu a campaña publicitaria “Camino de Santiago, Camino de Galicia, ¿vienes?” nos principais centros comerciais de Madrid e que rematou o pasado día 24 de abril. Unha media de 200 persoas diarias foron informadas sobre as potencialidades de Galicia, co plus da celebración do Xacobeo.

Esta acción, que comezou o día 12 en Madrid, atoparase ata o 8 de maio en Valencia, para rematar o día 3 de xullo en Sevilla, pasando ademais polas cidades de Zaragoza, Barcelona e Bilbao.