Larouco prepara a quinta edición da Festa do Cordeiro

O Concello de Larouco (Ourense) ten todo practicamente listo para a quinta edición da Festa do Cordeiro, que se celebra este sábado, 1 de maio. Este evento gastronómico desenvolverase no pavillón polideportivo e a entrada custa 13 euros.

O menú está composto por xamón asado con pementos, empanada e cordeiro con ensalada. De postre, a tradicional bica. Á pasada edición asistiron uns cincocentos comensais.