Homenaxe a Víctor L. Villarabid en Sarria

A localidade lucense de Sarria acolleu, segundo informa noticiascamino.com, a presentación do libro “Pioneiros no Camiño”, acto que congregou a unhas setenta persoas e que se convertiu nunha homenaxe a Víctor L. Villarabid, un dos biografiados no volume editado pola Asociación de Periodistas do Camiño, xunto con Tuñas Bouzón e Rafael Vilaseca.

Por outra banda, dentro dos actos do ciclo Xacobeo Classics, as cidades de Ourense e Vigo acollerán dous concertos da Academy of Saint Martin in the Fields. Os recitais serán este mércores no Auditorio Municipal de Ourense e o xoves no Centro Cultural Caixanova de Vigo.