Galicia promociona a súa cultura en Bos Aires

O director xeral de Cultura, Francisco López, participou na acción “Presenza de poemas de Rosalía nas rúas de Bos Aires” enmarcada nos actos do programa galego da Feira Internacional do Libro. Coincidindo coa arranque da Feira do Libro e da actividade do stand de Galicia, desenvolveuse na Praza do Lector da Biblioteca Nacional Arxentina que rendeu homenaxe á obra e figura de Rosalía de Castro.

A 36ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires é considerada como un dos eventos editoriais máis importantes de Latinoamérica; un lugar de encontro entre autores, editores, libreiros, distribuidores, bibliotecarios e máis de 1.200.000 lectores de todo o mundo.

Galicia ten unha presenza destacada na Feira coa participación de 21 editoriais pertencentes á Asociación Galega de Editores (AGE) que expoñen o mellor da súa produción nun stand compartido co Centro Galego de Bos Aires.