Feijoo reclama máis cooperación transfronteiriza

O presidente da Xunta salienta á cooperación transfronteiriza como “ferramenta de crecemento e desenvolvemento”, co obxectivo de manter, na maior medida posible, o apoio financeiro da Unión Europea. Neste sentido, Alberto Núñez Feijóo afirmou que Galicia precisa que as institucións europeas adoiten unha nova iniciativa política para o desenvolvemento dos territorios de fronteira e periféricos a partir de 2014, e salientou que, nun momento en que a Comunidade está a piques de abandonar o obxectivo converxencia, “a única vía importante que permanecerá aberta para captar fondos comunitarios é a da cooperación transfronteiriza”.