Encontro de empresas galegas e portuguesas

O I Encontro Bilateral entre Empresas de Galicia e o Norte de Portugal que organiza a Consellería de Economía e Industria, a través da Tecnópole reunirá a 51 representantes de 28 empresas, centros tecnolóxicos e asociacións empresariais da Eurorrexión o vindeiro martes día 27 nas instalacións do Parque Tecnolóxico no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

O encontro foi deseñado como una xornada de traballo na que as exposicións se combinarán con mesas sectoriais e reunións empresariais organizadas en función dos intereses manifestados polos participantes arredor da súa oferta e demanda tecnolóxicas.

Da parte galega asistirán nove empresas situadas na Tecnópole, tres centros tecnolóxicos, a entidade BIC-Galicia e a unidade de negocio de Banco Santander en Galicia. Desde Portugal virán a Associaçao Empresarial de Amarante e 13 empresas, algunhas delas procedentes de Tecmaia (Parque de Ciência e Tecnologia da Maia) e Avepark (Parque de Ciência e Tecnologia de Guimãraes).