Arbo: cincuenta anos coa Lamprea

O concello pontevedrés de Arbo acolle esta fin de semana a L Festa da Lamprea, un evento ao que se agarda que acudan milleiros de persoas. Para que ninguén quede con fame prepararanse unhas 20.000 racións deste ciclóstomo, tanto á bordalesa como seca ou en empanada.

O pregoeiro desta edición será o xuiz Jesús Souto e, paralelamente á degustación terá lugar unha nova edición da Arbomostra, unha exposición dos produtos máis típicos da comarca. No aspecto musical destaca a actuación do ex triunfito Manuel Carrasco.