O restaurante cambadés Yayo Daporta (Grupo Nove) cumpre cinco anos e, con tal motivo, o seu chef elaborou un menú especial recordando unha selección dos pratos que obtiveron un maior impacto. No acto estiveron presentes, ademais dos medios locais e especializados, o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, o xerente de Turismo Rías Baixas, Ernesto Santiago, e o xerente das adegas Martín Códax, Juan Vázquez.
Precisamente, os bocados que se puideron degustar estiveron acompañados de dúas das elaboracións de Martín Códax: Lías e Gallaecia. Entre os pratos que propuxo o chef, un cóctel de albariño en dúas temperaturas granizado e escuma quente; terrina de foie gras con queixo de Arzúa e cabaza caramelizada ou un trío de berberechos con pil pil de alga Codium, con mouse de coliflor, vinagreta de café e aceite de albahaca e con crema montada de pataca e allada.
A partir de maio, e hasta final de ano, os amantes da cociña máis moderna poden probar estes apetitosos pratos e, de paso, repasar a historia deste novo pero asentado restaurante cambadés.