A Xunta regula as visitas as Fragas do Eume durante Semana Santa

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da natureza pon en marcha ata o día 4 de abril un dispositivo especial para organizar e regular o fluxo de visitantes no Parque Natural das Fragas do Eume, a través da entrada máis concorrida, o 'Portal de Caaveiro'.

O obxectivo que persegue a Xunta con esta medida é a de facilitar o acceso a este espazo protexido e evitar ao tempo, afeccións ao medio natural, en previsión dun incremento das visitas con motivo da Semana Santa