Valoracións positivas da Feira Franca 2009

A concelleira de Festas de Pontevedra, Anxos Riveiro, presidiu esta mañá a primeira reunión para organizar a Feira Franca 2010 cos órganos de xestión do evento. Todos analizaron os resultados da pasada edición, con resultados optimistas e valoracións positivas da pasada edición, que cumpría o seu X aniversario.

De cara a este novo ano, Feira Franca proponse reforzar o mercado da artesanía, dándolle unha situación permanente na avenida de Santa María. Aposta tamén por incrementar a ambientación teatral e musical nas rúas, pola ampliación do prazo de inscrición da hostelería que extendeuse do 15 de xuño ao 15 de xullo e o último dos puntos a tratar: a intentención de declarar a Feira Franca, Festa de Interese Turístico Galego, algo que tentarán levar a cabo no pleno de abril.