A Secretaría Xeral para o Turismo promove os balnearios de Galicia no Aquameeting de Porto

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, acompañará durante esta fin de semana en Porto aos representantes de Balnearios de Galicia no stand instalado na Exposición Internacional de Turismo de Sáude e Benestar, Aquameeting, un espazo no que estará representado o sector termal galego e que terá como principal obxectivo a promoción dos balnearios de Galicia.

No stand ofertarase información sobre os balnearios galegos e poderase disfrutar de masaxes e tratamentos. A presenza deste tipo de producto termal no Aquameeting, supón un impulso do sector nun mercado importante para Galicia, como o é o Norte de Portugal.