Carmen Pardo participa en Portugal no encontro do proxecto 'Loci Iacobi' sobre o Camiño de Santiago

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, participo na localidade portuguesa de Alvito nun encontro de socios europeos do proxecto 'Loci Iacobi' sobre o Camiño de Santiago, que ten como obxectivo principal a investigación, promoción e dinamización turística e cultural vinculada ao Camiño de Santiago nos territorios do sudeste europeo.

No proxecto participan dous socios máis, os franceses de Le Puy-en-Velay e a Diócese de Beja, de Portugal, cun orzamento total do proxecto valorado en 872.000 euros.

Carmen Pardo explicou neste encontro que a peregrinación xacobeo constitúe unha marca de identidade europea.Ademais fixo referencia á posibilidade de crear un inventario virtual do patrimonio galego.