Bolseiros realizan prácticas na rede de oficinas de turismo da Xunta para reforzar a información durante o Xacobeo

A Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, ofertou un total de 56 bolsas para realizar prácticas nas oficinas de información dos municipios turísticos de Galicia. O obxectivo desta iniciativa é a de reforzar o servizo durante o Ano Santo, que suporá un notable incremento de afluencia de visitante neste tipo de oficinas.

Este é o primeiro ano que as bolsas diríxense específicamente ás oficinas dos municipios declarados de Interese Turístico. As 19 primeiras, poderán disfrutarse ata o 31 de outubro mentras que as restantes poranse en marcha a partir do 1 de maio.