Xacobeo Raíces, cos artistas galegos

Xacobeo 2010 presenta o ciclo Xacobeo Raíces, unha escolma do mellor da música galega contemporánea no que participan 25 artistas e grupos galegos. Cada proposta artística aspirará a sorprender cunha actuación interesante e única. A aposta do Xacobeo 2010 é amosar o intenso traballo de busca creativa, de orixinalidade dos nosos artistas, intentando ofrecer algo diferente e novo.

Forman parte deste cartel, entre outros, Luar na Lubre, Uxía, Faltriqueira, Treixadura, Cristina Pato ou Fuxan os Ventos. En total vanse realizar 12 concertos en cidades e vilas galegas e un concerto especial en Madrid, a cargo de Sondeseu.