Transporte transfronteirizo tamén cara lugares de ocio

Alcaldes e representantes de 16 concellos pontevedreses, de 5 cámaras portuguesas e da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia fixaron en Valença do Minho a metodoloxía para elaborar un Plan de Transportes Públicos do Vale do Minho Transfronteirizo. Na xuntanza, acordouse o calendario de realización do devandito Plan, que concluirá coa súa presentación a finais de outubro deste ano, e os seus obxectivos específicos.

Entre estes últimos figuran crear redes de transporte entre zonas rurais e os principais núcleos da Eurorrexión, interligar as redes e os modos de transporte mediante estacións intermodais, proporcionar completa información aos potenciais pasaxeiros, dotar de versalitidade ao transporte, crear liñas interurbanas especiais que atendan fluxos xerados por eventos como feiras, concertos e outros que non respondan a ningunha regularidade, e dotar, finalmente, de liñas nocturnas que cubran rutas cara lugares que concentren actividades de ocio.