Tecnoloxías da información para facer máis competitivo ao sector turístico

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, participa estes días, xunto con outros nove socios de nove países, na reunión de lanzamento do proxecto Interreg IVC i-Speed, que ten entre os seus obxectivos a mellora da efectividade das políticas rexionais e locais relacionadas coa Sociedade da Información e o Desenvolvemento Económico a través dun amplo intercambio de experiencias a nivel político, dirixidas a identificar, analizar e transferir as boas prácticas no uso eficiente dos servizos baseados nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) para fomentar a competitividade e a sostenibilidade da Economía do Turismo.

No proxecto, cuxo presuposto supera o 1.400.000 euros, participan dez socios de nove países: Italia, Noruega, Polonia, Bulgaria, Grecia, Reino Unido, España, Romanía e Holanda.