Propoñen unha nova ruta portuguesa que revitalizaría Santiago

Varias asociacións veciñais e culturais de Santiago elaboraron unha proposta para recuperar o camiño que atravesaba A Rocha e Conxo para entrar no casco histórico de Compostela a través da Porta Faxeira. Este percorrido discorre pola beira do Sar, atravesando unha zona de especial riqueza tanto paisaxística como de patrimonio histórico, o que a convertiría nun punto de especial atracción.

Por outra banda, a Dirección de Turismo da Generalitat de Cataluña presenta este martes o programa “Del cabo de Crus al cabo de Fisterra. Catalunya recupera su Camino de Santiago”.